Catorce xornalistas protagonizan a IX Edición de «As mulleres que opinan son perigosas»

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá os días 13 e 14 de marzo a novena edición do foro As mulleres que opinan son perigosas, unha cita xa consolidada que reunirá a catorce xornalistas e profesionais da comunicación para reflexionar sobre o papel das mulleres na opinión pública e nos medios nun contexto marcado pola desinformación.
11 de marzo de 2026
1 minuto lectura
Presentación doutras edicións do "Mulleres que opinan"

O encontro chega á súa novena edición tras consolidarse como un espazo de referencia para analizar a presenza das mulleres no xornalismo e nos ámbitos de poder e opinión. Ademais, a organización considera que esta edición marca o inicio dunha nova etapa para o proxecto.

O cambio prodúcese despois da celebración, o pasado outubro, dun acto conmemorativo polo feito de ter acadado as 100 mulleres convidadas desde 2018, un fito que tamén deu lugar á creación dun diario de opinións e dun documental que recollen a historia do foro.

Nesta nova fase, o proxecto quere reforzar a comunidade de profesionais que se foi tecendo ao longo dos anos. Por iso, parte das xornalistas participantes nesta edición foron recomendadas por compañeiras que xa pasaron polo encontro, fortalecendo así a rede profesional que define a identidade de #MulleresQueOpinan.

Voces do xornalismo e da análise

O programa contará con catorce profesionais procedentes de diferentes medios e ámbitos da comunicación. Entre elas figuran a xornalista do Diario de Pontevedra Alba Moledo Ucha, que abordará a figura da pioneira María Luz Morales, ou a xornalista do Diario de Arousa Fátima Frieiro Santaya, quen falará sobre o tratamento informativo das violencias machistas.

Tamén participará a xornalista de El Mundo Rebeca Yanke García cunha intervención centrada na relación entre xornalismo, psicoloxía e saúde mental, mentres que a especialista en desinformación Carmela Ríos Calvo analizará os retos que supoñen as noticias falsas para o exercicio da profesión.

Nómina de relatoras desta edición do 2026

A programación inclúe ademais a presenza da escritora e investigadora Remedios Zafra Alcaraz, Premio Nacional de Ensaio 2025, quen reflexionará sobre a relación co traballo e o tempo propio.Diversidade de ámbitos e experiencias.

A mirada cara a outros ámbitos do xornalismo

A segunda xornada ampliará a mirada cara a outros ámbitos do xornalismo. A xornalista de La Voz de Galicia Nieves Domínguez Amil abordará a actualidade e o deporte desde unha perspectiva local, mentres que a creadora do pódcast La casa grande Isabel Coello Cremades falará sobre a narración das historias de superviventes de maltrato.

O programa completarase con intervencións como a da xornalista musical Sara Morales Fuentes, a delegada de Atresmedia Galicia Eva Vázquez Lima, a xornalista de RTVE e integrante de Reporteiros Sen Fronteiras Ebbaba Hameida Hafed, a columnista de eldiario.es Andrea Proenza Zoroquiain e a presentadora de informativos Helena Resano Lizaldre.

Con estas voces, o foro busca continuar visibilizando o traballo das mulleres no xornalismo e consolidar Pontevedra como un punto de encontro para o debate e a reflexión sobre o presente e o futuro da profesión.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss