Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza: legado culinario do século XX

Entre as históricas rúas do casco vello de Pontevedra, no número de avenida de Santa María, erguese o Palacete de las Mendoza, un edificio do século XIX que durante décadas foi sede de tertulias culturais, festas e xantares memorables. O que hoxe funciona como oficina turística Rías Bajas foi, noutros tempos, o fogar de varias xeracións de mulleres da burguesía pontevedresa que, máis alá do seu papel social, deixaron un legado gastronómico pouco coñecido: o recetario compilado coas receitas das súas festas.
19 de febrero de 2026
2 minutos de lectura
Carmen Babiano coas súas curmás Sancho Méndez – Núñez. Archivos de la familia Rolandi Sánchez- Solís

O palacete foi adquirido en 1877 por Soledad Méndez Núñez, irmá do militar Casto Méndez Núñez, quen encargou a súa construción ao arquitecto Alejandro Rodríguez‑Sesmero. A residencia pasou posteriormente a Carmen Babiano Méndez‑Núñez, filla de Soledad, artista e culta, que a converteu nun centro de reunións sociais e culturais.

Máis tarde, as súas fillas, María e Concepción (Concha) Mendoza Babiano, herdarían o fogar familiar, mantendo e amplificando o seu papel como anfitrionas e figuras relevantes na vida social e artística da cidade até 1971.

Fachada principal do Palacete en Pontevedra

Estas mulleres destacaron non só polo seu gusto pola pintura, música e idiomas, senón tamén pola capacidade de crear un ambiente cosmopolita nunha cidade do interior de Galicia, na que recibían visitantes distinguidos e convidados de diversas partes do mundo.

Da tertulia á cociña: un recetario inédito

Durante décadas, María e Concha non só organizaron festas e sesións musicais, senón que tamén empezaron a pedir e anotar as receitas que lles facilitaban os seus invitados, as que aprendían nas viaxes ou as que recibían de amizades. Estas receitas foron anotadas en cuadernos, moitas veces en varios idiomas e desordenadas, sen datación clara, reflectindo un carácter bohemio e cosmopolita no seu contido.

A importancia deste conxunto de receitas, que cubre pratos de todo o mundo e reflicte as tendencias gastronómicas dunha burguesía culta do primeiro terzo do século XX, acabou sendo recoñecida décadas despois da morte das irmás Mendoza. O investigador Ángel Arcay Barral adicouse a transcribir estes cadernos, dando forma ao libro Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza, publicado en 2021.

Este volume, con máis de 300 páxinas, non é só un libro de receitas; é unha crónica culinaria que captura a vida social, as viaxes e os encontros dunha familia singular nun tempo de grandes cambios. O propio libro mestura historia, tradicións e estilos culinarios diversos, froito das experiencias compartidas no palacete.

Un legado gastronómico vivo

A influencia das 1001 receitas transcendeu os muros do palacete e hoxe é reinterpretada por chefs e estudantes de cociña en eventos e homenaxes culinarios que buscan recuperar eses sabores e contextualizalos na actualidade. En Pontevedra, incluso o alumnado de Dirección de Cociña e Direción Servizos do CIFP Carlos Oroza chegou a organizar menús baseados neste recetario para achegar ao público a experiencia gastronómica e social que vivían as irmás Mendoza nas súas festas.

O Palacete de las Mendoza non é só un edificio emblemático da Pontevedra do XIX e XX: foi, grazas a mulleres como Carmen, María e Concha Mendoza Babiano, un espazo onde a cultura, a hospitalidade e a gastronomía se entrelazaron nun legado que hoxe, a través do libro Las 1001 recetas, continúa alimentando a memoria culinaria española e galega.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss