Loira estrea un novo atractivo turístico: escalada

Unha nova proposta que une deporte, natureza e atractivo turístico: a nova zona de escalada de Loira, un proxecto que pon en valor o atractivo turístico da costa de Marín.
12 de diciembre de 2025
1 minuto lectura
Escalada en las rocas de Loira.
Escalada en las rocas de Loira.

Con esta nova oferta, o municipio convértese nun novo destino atractivo para as persoas seareiras deste deporte, especialmente de Galicia e do norte de Portugal. Para alcaldesa, María Ramallo, i escalador local, Sergio Piñeiro; os equipadores da zona, Gustavo Fariña e Gabriel González, e a presidenta, o vicepresidente e a vogal de Escalada do Club Aromon,

Presentación de la Escaladda en Loira.
Presentación de la Escaladda en Loira.

Carmen Iglesias, Manuel Beloso e Águeda Gutiérrez, o nacemento desta nova zona é resultado do esforzo e visión dos escaladores locais David Gómez e Sergio Piñeiro, quen descubriron e propuxeron o potencial
dos cantís de Loira para a escalada deportiva.

Pola súa banda, a alcaldesa asegurou que “desde o Concello de Marín, apostamos firmemente por este proxecto, asumindo a implicación económica necesaria para que a zona estivese habilitada cos mellores materiais de seguridade”. Ademais, Ramallo destacou que “Marín é un referente como destino turístico activo e de aventura e agora moitísimo máis, poñendo en valor estes cantís de granito que forman parte da nosa xoia paisaxística: o noso litoral”.

Tal e como explican desde o club, esta nova área conta con 30 vías de escalada con graos de dificultade que varían desde o III+ ata o 7a+, aptas para iniciación e para escaladores/as iniciados. Ademais, insisten en que toda a zona foi equipada por técnicos da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), garantindo o cumprimento dos máis altos estándares e a normativa vixente por parte da empresa Naturmontaxes.

Iniciación teórica en Museo Torres

Tamén se contará con paneis explicativos ao redor, onde se poderán ler as recomendacións básicas para escalar, que son as seguintes, como ter en conta que se trata dun deporte de risco, que é preciso acompañarse sempre dunha persoa con máis nivel, que sempre é recomendable facer previamente un curso de iniciación para as persoas que se estrean nesta disciplina e que debe usarse casco, entre outras recomendacións.

O curso de iniciación, que arranca hoxe para promover o deporte entre a veciñanza, impulsouse súa primeira sesión teórica pola tarde no Museo Torres. O sábado e o domingo seguirá a formación coas sesións prácticas na zona de escalada, da man dos técnicos do club.

Deja un comentario

Don't Miss