Máis de 60 gatos de rúa esterilizados, vacinados e rexistrados en Marín

A concelleira Mónica Viqueira explica que este traballo faise man a man con voluntarias e co persoal da Deputación. Xa foron facilitados tamén 150 quilos de penso.
8 de enero de 2026
1 minuto lectura
Gatos. Animales. Peludos. Colonia de Gatos. Marín.
Gatos salvajes en Marín.

Non hai mellor noticia que esta. O coidado e o seguemento dos gatos de rúa no Concello de Marín, cumprindo desta forma coa Lei de Benestar Animal, ten un moi bo balance do 2025: nos últimos meses, esterilizáronse, vacináronse e chipeáronse a nome do Concello 60 gatos e gatas.

A concelleira Mónica Viqueira explicou que esta aplicación do Plan CES “é un compromiso que temos desde o Concello e nos permite controlar a poboación de gatos, mantendo as colonias estables e coidadas”.

Méndez Núñez

Estas colonias identificadas espállanse por distintos puntos do municipio, prestándoselle especial atención á de Méndez Núñez – Fondo do Saco, “onde apenas nos quedan 3 gatos machos por castrar”. A maiores, estase actuando nas do Forte, dúas no Cemiterio, Fonte do Este, Fonte do Leste, San Xián, Coirados, Inferniño, Cividanes – A Dichosa, A Laxe, Outeiro, nas hortas urbanas do Sequelo e en Fontán.

Aínda que antes xa se viña actuando, como por exemplo na Cañota, o proceso de esterilización acelerouse grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, que empezou en outubro, e que facilita as gaiolas necesarias para a captura dos gatiños para levalos a CAAN para castralos e despois devolvelos á súa colonia.

“Todo isto sería imposible sen a axuda das persoas voluntarias que participan nas capturas, pero que tamén se están a encargar da alimentación controlada e ordenada das colonias”, explica a concelleira, que informa de que se realizou a primeira entrega de 150 quilos de penso. O obxectivo é continuar co control das colonias, formalizalas, tratar de evitar aumentos de poboación con novas camadas e garantir a seguridade e a salubridade dos gatos.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss