Criada nun contexto onde as mulleres tiñan poucas oportunidades formais de estudo, demostrou desde moi nova un talento extraordinario para a aritmética e as matemáticas —tanto que, segundo algúns relatos, chegou a corrixir ao seu propio profesor nun exercicio numérico.

María Juana Rosa Andresa Casamayor de La Coma naceu en Zaragoza o 30 de novembro de 1720, no seo dunha familia acomodada de once irmáns.
A pesar das limitacións sociais, a súa paixón polos números abriulle camiño para cultivar un coñecemento que entón era privilexio case exclusivo dos homes.
«Tyrocinio Arithmetico»: ciencia con nome de muller
En 1738, con só 17 anos, María Andresa publicou o seu tratado de aritmética baixo o pseudónimo masculino Casandro Mamés de la Marca y Araioa, un anagrama do seu propio nome que lle permitiu esquivar o prexuízo de xénero e introducir a súa obra no mundo editorial.
Tyrocinio Arithmetico, instrucción de las quatro reglas llanas é un manual práctico que explica as catro operacións básicas (suma, resta, multiplicación e división) con exemplos da vida real, deseñado para facilitar o aprendizaxe e democratizar o coñecemento aritmético. Por isto considérase o primeiro texto científico escrito por unha muller en España que se conserva.

A súa clara intención pedagóxica e a elección dun tema útil para comerciantes e cidadáns do seu tempo amosan que María Andresa non escribía só para eruditos, senón para unha comunidade que podía beneficiarse directamente do seu saber.
Vida e traballo nun mundo desigual
Tras a publicación do seu libro, os apoios sociais e familiares diminuíron co paso da morte do seu pai e outros colaboradores. Ao contrario do que se esperaba dunha muller daquela época —casarse ou entrar na vida relixiosa—, María Andresa decidiu manter a súa independencia e traballar como maestra de nenas en Zaragoza, profesión que lle permitiu vivir e seguir contribuíndo á educación das mulleres, en plena era ilustrada.
Recoñecemento tardío, pero merecido
Foi só no século XXI cando a súa historia volveu á luz: o documental La mujer que soñaba con números rescatou o seu legado, e institucións como a Universidade de Zaragoza publicaron edicións facsímile do seu libro e organizan actividades para lembrar a figura desta pioneira.
Hoxe María Andresa Casamayor é símbolo de perseveranza, intelixencia e igualdade: a muller que soñaba números e que supón un exemplo inspirador para todas as nenas e mulleres que queren facer ciencia.