María Ramallo visita aos nenos e nenas que participan nos campamentos municipais de conciliación

27 de agosto de 2025
1 minuto lectura
ramallo cos nenos e nenas na finca de briz
Ramallo cos nenos e nenas na finca de briz

María Ramallo e a concelleira Mónica Viqueira achegáronse ata a Finca de Briz para estar cos nenos e as nenas dos campamentos municipais de conciliación. Eles comentaron as gañás de empezar un novo ano no colexio e falaron dos seus plans nestas derradeiras datas do verán.

Os campamentos municipais de conciliación rematan este venres que se extenden o longo de todo o verán co obxectivo de axudar as familias de Marín a que poidan conciliar durante esta etapa non lectiva, ofrecendo unha opción de lecer para os máis pequenos en horario de mañán.

Maria Ramallo comentou “Facilitarlle o coidado dos pequenos ás familias é o mellor que podemos facer por elas durante o verán, xa que é difícil conciliar as xornadas laborais co feito de que non teñan colexio. Por iso, sabemos que os campamentos son unha necesidade enorme, que queremos seguir fomentando e coidando”, que tamén engadiu, “o positivo que é para a rapazada botar as mañás con outros nenos e nenas da súa idade e facendo actividades lúdicas, educativas e ao aire libre. É unha forma perfecta de aproveitar o verán”.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss