Marín aproba, a proposta do BNG, a creación de áreas recreativas para cans

O pleno municipal de Marín someteu a debate o pasado xoves 14 de agosto, unha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) na que se propón a realización dun estudo técnico para valorar a posta en marcha de áreas recreativas específicas para cans no municipio.
18 de agosto de 2025
1 minuto lectura
Medra a poboación de mascotas nas familias de Marín
Medra a poboación de mascotas nas familias de Marín

O pleno municipal de Marín someteu a debateu o pasado xoves 14 de agosto, unha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) na que se propón a realización dun estudo técnico para valorar a posta en marcha de áreas recreativas específicas para cans no municipio.

A iniciativa chega acompañada de 1.504 sinaturas de apoio recollidas entre a veciñanza, segundo indicou a formación, que considera que existe unha demanda social crecente para dispor de espazos seguros e adaptados ao lecer das mascotas.

Creación dun parque canino nos terreos do INVIED

O BNG xa levara unha proposta semellante ao pleno en xuño de 2022, na que solicitaba a creación dun parque canino nos terreos do Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa (INVIED), situados xunto ao río Lameira. Segundo lembra a formación, trátase dunha zona utilizada habitualmente para o paseo de cans. Porén, consideran que a falta de avances por parte do goberno municipal, encabezado polo Partido Popular, fai necesaria unha nova iniciativa dous anos despois.

O BNG reclama un espazo para os cans preto do Río Lameira. Foto: Freddy Acevedo Ruiz

A proposta actual inclúe a realización dun estudo técnico que permita determinar a viabilidade e a localización idónea de varias áreas recreativas. O obxectivo, segundo o BNG, é mellorar a convivencia cidadá e favorecer a integración dos animais de compañía nos espazos públicos.

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, sinalou que «a creación destes espazos permitirá que os cans poidan estar soltos, xogar e socializar con outros animais sen risco de sancións por incumprir a normativa vixente». Ademais, engadiu que se «reducirán posibles problemas de seguridade derivados do uso compartido doutros espazos públicos».

Aumento significativo de cans nas familias

Segundo datos manexados pola formación, o número de persoas con animais de compañía aumentou de forma significativa nas últimas décadas, o que, ao seu xuízo, obriga ás administracións locais a adaptar as súas infraestruturas e servizos. Entre as medidas propostas, as áreas recreativas caninas son unha das fórmulas para atender esta nova realidade social.

Grupo BNG diante do Concello
A iniciativa chega acompañada de 1.504 sinaturas de apoio recollida polo BNG

O BNG insiste en que a posta en marcha destas áreas recreativas supón “un paso adiante” para que Marín sexa un concello máis inclusivo e amigable coas familias que conviven con animais de compañía.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss