O 23 de decembro, ás 19:00h, o local do Ateneo Santa Cecilia converterase no escenario dunha velada máxica da man do Mago Jorge Lorenzo, quen presentará a súa última produción titulada «Imposibles ou Improbables».
Entrada de balde
A entrada é de balde ata completar aforo e é un espectáculo apto para todos os públicos, sen límite de idade. Presentando grandes ilusións, maxia asombrosa e altamente visual, así como unha interacción activa coa audiencia, este espectáculo promete emocionar e asombrar a todos os presentes.
As persoas espectadoras serán levadas a un mundo onde o imposible se fai realidade e o improbable se converte en certo ante os seus ollos. Con trucos participativos que involucran ao público directamente, este espectáculo é perfecto para todas as idades, garantindo risas, asombro e recordos duradeiros para toda a familia”. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.