Mobilizacións en febreiro para o aparcadoiro gratuíto no Gran Montecelo e máis personal

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín augura “un novo ano de mobilizacións" que arrancará o vindeiro 1 de febreiro cunha manifestación a nivel galego en Santiago de Compostela convocada por SOS Sanidade Pública, ademais doutras accións previas para concienciar e mobilizar a poboación.
7 de enero de 2026
2 minutos de lectura

Cun un longo pergamiño de desexos dirixido ao xerente da área sanitaria do Hospital Provincial, a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, reclamou a contratación de persoal para reducir as listas de agarda na atención primaria e especializada e parking gratuito en el Gran Montecelo. A voceira da Plataforma, Iria Aboi Ferradás, afirmou que a partir del 1 de febreiro realizaranse novas movilizacións para lograrlo.

«Temos veciños con esperas de tres anos para uroloxía”, dixo Iria Aboi Ferradás, voceira da Plataforma. A voceira da Plataforma, señalou que “comezamos o ano como rematamos o anterior, con reivindicacións e protestas, especialmente no referido á contratación de profesionais. Nesta concentración hai veciños que acumulan esperas para unha consulta en uroloxía de tres anos e dous anos en neuroloxía. Isto é inconcibible».

Listas de agarda

Arboi Ferradás asegurou que «non nos pode dicir o Conselleiro que están a reducir as listas de espera cando o que temos son listas de agarda mesmo para ver ao médico de cabeceira. Hai cupos no Centro de Saúde de Marín que pasan dos 15 días e en Seixo 11 días. Non é normal que non se reforce con recursos e con persoal a sanidade pública mentres segue a haber derivacións á privada, mentres se seguen facendo probas e intervencións na sanidade privada e engordando hospitais como o Quirón-Dominguez en Pontevedra”.

A Plataforma tamén rexistrou un escrito dirixido ao xerente da Área Sanitaria, José Flores Arias, onde se recollen as principais reivindicacións. Lembran que “a comezo de cada ano, presentamos as nosas reclamacións por escrito, pero nunca nos contestou a este nin a outros escritos que lle presentamos de maneira oficial”.

Centro de Saúde de Marín

Dende a Plataforma sinalan que “no Centro de Saúde de Marín é
necesario a arranxo do boquete existente na zona do PAC para evitar que chova e tamén o reforzo do equipo electróxeno como reclamamos dende outubro de 2023 porque o actual só cobre a metade das necesidades do centro cando se vai a luz e quedan as consultas ás escuras”.

Ambulancia del Servicio de Urgencias en el Centro de Salud de Marín.
Ambulancia del Servicio de Urgencias en el Centro de Salud de Marín.

En relación ao persoal reclaman “o reforzo do servizo de fisioterapia coa contratación de 2 fisioterapeutas máis, que se poña en marcha o servizo de psicoloxía clínica e de nutricionista a tempo completo, non só dous días á semana, no Centro de Saúde de Marín, para reducir as listas de agarda e que se incorpore podoloxía á carteira de servizos que se prestan».

Centro de Seixo

para reclaman que se “amplíe a carteira de servizos, coa posta en marcha por exemplo de psicoloxía clínica ou pediatría para atender as necesidades actuais da poboación da zona, contribuír a desconxestionar o Centro de Saúde de Marín e fixar pacientes no Centro de Saúde de Seixo”.

Membros da plataforma de Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín diante da sede da Xunta en Pontevedra. Foto: JLPortela
A plataforma de Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín diante da sede da Xunta. Foto: JLPortela

Gran Montecelo

Por último, Iria Aboi engade que “non pode ser que o Gran Montecelo vaia polo camiño do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e que ante a reclamación de gratuidade do aparcamento o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se peche en banda con máis de 12.000 sinaturas de veciñas e veciños enriba da mesa».

El nuevo parking ofrecerá la primera media hora gratuita.
El nuevo parking ofrecerá la primera media hora gratuita.

Ademáis, Aboi explicou «como pode ser posible que quen debera defender o público stea fortalecendo os beneficios das empresas privadas a costa de privatizar cachiños da nosa sanidade. Seguen empeñados en enriquecer unha empresa cos cartos de todas nós e non llo podemos permitir”.

Novo ano mobilizacións, 1 febreiro

A plataforma augura “un novo ano de mobilizacións que arrancará o
vindeiro 1 de febreiro cunha manifestación a nivel galego en Santiago de
Compostela convocada por SOS Sanidade Pública, ademais doutras accións
previas para concienciar e mobilizar a poboación porque coa nosa saúde non se xoga e por desgraza teremos que defendelo tamén neste 2026 que acaba de comezar”.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss