Nova tempada das Escolas Deportivas Municipais con 21 disciplinas

O 5 de setembro ás 16.30 horas terá lugar a presentación das Escolas na Alameda e no Parque Eguren que este ano terán 21 disciplinas deportivas.
28 de agosto de 2025
2 minutos de lectura
Alumnos de las Escuelas Deportivas en Marín.

O Concello de Marín vén de anunciar a posta en marcha dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais, que este ano ofertarán un total de 21 disciplinas ao longo do curso académico, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre a mocidade e consolidar a colaboración co tecido asociativo e os clubs locais.

A presentación oficial terá lugar o venres 5 de setembro, ás 16.30 horas, nun acto público que se celebrará de maneira conxunta na Alameda e no Parque Eguren polo concelleiro de Deporte, Antonio Trabaja. Durante o evento daranse a coñecer todos os detalles da programación e facilitaranse os impresos de inscrición ás persoas interesadas.

Disciplina e lugares de desenrolo

As disciplinas desenrólanse en diversos lugares de Marín e están organizadas por clubes da cidade. Estas disciplinas son as seguintes:

 Disciplina Club Lugar 
Paddle Surf Imua Paddle Surf Club Aguete Playa de Aguete
Fútbol sala Marín Futsal Club Deportivo La Peña Pavillóns do Sequelo, Cañota, Illa de Tambo e San Narciso 
Atletismo Club San Miguel Estadio Municipal de San Pedro 
Taekwondo Club Mats Taekwondo Rúa Inferniño, 10 
Triatlón Club Deportivo Pinarium Escola Naval Militar Piscina Municipal 
Voleibol Club Deportivo SEI San Narciso Pavillón Colexio San Narciso 
Baloncesto Club Baloncesto PeixeFresco Marín Pavillón da Raña 
Ximnasia rítmica Club Rítmica Inmare IES Mestre Landín 
Remo Club de Remo Ría de Marín Porto de Marín 
Kickboxing Asociación de Boxeo de Pontevedra CEIP Carballal 
Ximnasia acrobática Club Ximnasia Vila de Marín Pavillón do Colexio San Narciso 
Natación Soom Management Piscina municipal 
Vela Real Club Mar de Aguete Porto de Aguete 
Judo Club Dom+ Judo Marín Pavillón da Raña 
Fútbol Escuelas de Fútbol Villa de Marín Estadio Municipal de San Pedro 
Tenis Club de Tenis Marín Pavillón da Laxe 
Boxeo olímpico Team Thunder Pavillón da Raña 
BTT Clube XSM Chan de Gagán 
Piragüismo Club Piragüismo Tambo Porto de Marín 
Pilates Gestión de instalaciones Pavillón Colexio San Narciso 
Salvamento Club SAPO Pontevedra Piscina municipal 

Programación

A programación incluirá disciplinas de carácter moi variado, desde deportes de equipo como fútbol, fútbol sala, baloncesto ou voleibol, ata modalidades individuais como atletismo, tenis, ximnasia rítmica, natación ou piragüismo, sen esquecer as artes marciais e deportes de contacto (taekwondo, judo, kickboxing, boxeo olímpico), así como actividades vinculadas ao mar como vela, remo e paddle surf.

As sesións desenvolveranse en diferentes espazos municipais e instalacións deportivas da vila, tales como o Estadio Municipal de San Pedro, a Piscina Municipal, o Pavillón da Raña ou o Porto de Marín, contando coa colaboración de clubs e entidades que xogan un papel fundamental na dinamización da oferta.

Custo de inscrición

O custo da inscrición mantense en 55 euros por participante para todo o curso, que se prolongará entre o 1 de outubro e o 31 de maio. O pagamento deberá realizarse directamente ante o club ou entidade organizadora, segundo os procedementos establecidos por cada unha delas.

O prazo de inscrición abrirase o 8 de setembro e permanecerá dispoñible ata o 19 do mesmo mes. Os formularios estarán accesibles no acto de presentación, nas propias entidades deportivas e tamén a través da páxina web do Concello de Marín.

Deja un comentario

Don't Miss