As Escolas Deportivas Municipais volverán co arranque do curso académico, para poder fomentar e achegar unha ampla oferta deportiva á rapazada de Marín. Aínda que será o venres 4 de setembro cando se faga a tradicional presentación oficial das escolas, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, xa adiantou cales serán as modalidades que se ofertarán este ano, que son:
Deporte Club Lugar
ATLETISMO Club Atletismo San Miguel Estadio Municipal de
San Pedro
BALONCESTO PeixeFresco Marín Pavillón da Raña
BOXEO Team Thunder Pavillón da Raña
TENIS Club de Tenis Marín Pavillón CEIP da Laxe
ÚTBOL Escuelas de Fútbol Villa de
tadio Municipal de San Pedro
BTT XSM Clube Ciclista Pavillón da Raña
FÚTBOL SALA Club Deportivo La Peña Pavillóns O Sequelo, Illa
de Tambo e San Narciso
Marín Futsal Pavillóns O Sequelo, Illa de Tambo e San Narciso
PÁDEL SEIMARIN2019 SL Pistas de pádel do SEI
San Narciso
PIRAGÜISMO Club Piragüismo Tambo Porto de Marín
VELA Real Club de Mar de Aguete Porto de Aguete
JUDO Club Dom+ Judo Marín Pavillón da Raña
NATACIÓN Soom Management Piscina municipal
REMO Club de Remo Ría de Marín Porto de Marín
TAEKWONDO Club MATS Ximansio MATS
PADDLE SURF Imua Paddle Surf Club
Aguete
Praia de Aguete
XIMANSIA RÍTMICA Club Rítmica Agarimo Pavillón Illa de Tambo
Club Rítmica In Mare Pavillón IES Mestre
Landín
XIMNASIA
ACROBÁTICA
Club Ximnasia Vila de Marín Pavillón da Cañota
TRIATLÓN CD Pinarium Piscina Municipal /
Escola Naval Militar
VOLEIBOL Club Deportivo SEI San
Narciso SEI San Narciso
O procedemento de inscrición é o mesmo ca en anos anteriores. O prezo da
actividade para o participante será de 55 euros para todo o ano (desde o 1 de outubro ata o 31 de maio), que deberán abonarse directamente ao club ou entidade organizadora, segundo a forma de inscrición establecida por cada un e da que se informará no evento de presentación. Tamén será neste evento no que se repartan os impresos de inscrición, que tamén estarán a disposición das entidades organizadoras durante o prazo de inscrición, que irá do 7 ao 18 de setembro. Asemade, poderá accederse a eles a través da web do Concello de Marín.