O aeroporto de Vigo convértese no terceiro de España cun punto violeta

As máis de 1,5 millóns de persoas que pasan anualmente polo aeroporto terán información directa dos recursos contra a violencia machista.
29 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
Punto Violeta.
Punto Violeta no aeroporto de Vigo.

O aeroporto de Vigo conta cun punto violeta oficial dende o que prestar apoio a posibles vítimas de violencia de xénero e sensibilizar e atender as demandas de información sobre os recursos públicos. Polo aeroporto pasaron máis 1.500.000 persoas, entre pasaxeiros, acompañantes e usuarios/as da terminal e significou que este punto violeta é tamén un paso máis no compromiso pola calidade e a mellora continua da terminal aeroportuaria viguesa.

1.883 mulleres pontevedresas no sistema de protección

Abel Losada, Subdelegado, destacou que a día de hoxe hai 1.883 mulleres da provincia de Pontevedra amparadas no sistema de protección e seguimento contra a violencia de xénero do Ministerio do Interior, VioGén. “Unha cifra que demostra que toda a sociedade debe estar comprometida na batalla contra a violencia machista, un fenómeno atroz, que está en todas partes, e contra o que non caben medias tintas”, dixou.

Puntos violetas

Os puntos violetas “son espazos seguros que teñen especial significación en lugares onde se producen grandes acumulacións de persoas e está claro que a terminal do aeroporto de Peinador é un dos puntos máis concorridos de toda a provincia, polo que podemos non só prestar un primeiro apoio a unha vítima, senón, sobre todo, realizar un importante labor preventivo e informativo”.

O subdelegado lembrou que xa o ano pasado instaláronse puntos violeta nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e a súa vontade é seguir despregando estes “espazos seguros” en cantas dotacións públicas sexa posible. Ademais de ofertar apoio e información persoal e específica para as persoas que o soliciten, os puntos violeta dispoñen dun código QR na súa pegatina identificativa que dá acceso a unha guía rápida con información sobre como actuar ante agresións, así como consellos prácticos e unha relación básica dos recursos existentes.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss