O BNG esixe máis recursos nas aulas e a reactivación do Consello Escolar

Lucía Santos denuncia a falta de recursos para atender adecuadamente a diversidade do alumnado nos centros educativos públicos e reclama medidas que respondan ás necesidades reais da comunidade educativa. Ademais, esixe a convocatoria inmediata do Consello Escolar Municipal para dar voz aos centros, ao profesorado e ás ANPAS.
19 de octubre de 2026
1 minuto lectura
Aparcamento do IES Chan do Monte
O IES Chan do Monte ábrese á comunidade a través do seu club de lectura

Lucía Santos denuncia a falta de recursos para atender adecuadamente a
diversidade do alumnado nos centros educativos públicos e reclama medidas que respondan ás necesidades reais da comunidade educativa. Ademais, esixe a convocatoria inmediata do Consello Escolar Municipal para dar voz aos centros, ao profesorado e ás ANPAS.

O BNG reclamou no pleno municipal de outubro que o Concello interceda ante a Xunta de Galiza para reforzar o persoal de apoio nos centros educativos públicos da vila, ante a situación de aulas sobrecargadas e cun elevado número de escolares con necesidades específicas de apoio educativo.

Un exemplo que materializa ben a realidade da educación en Marín é a do
CEIP Sequelo. Lucia Santos Omil, portavoz municipal do BNG, sinala que o
profesorado e a ANPA están a reclamar apoio especializado en atención á
diversidade lingüística, mediación e acompañamento educativo, así como
recursos que faciliten a aprendizaxe inicial e a adaptación do alumnado. Santos considera que estas necesidades non poden recaer exclusivamente no esforzo do profesorado.

Consello Escolar

Esta situación evidencia a necesidade de recuperar o Consello Escolar
Municipal como ferramenta democrática de participación, diálogo e
coordinación entre a comunidade educativa e a administración local. Trátase dun órgano que permitiría escoitar directamente as demandas dos centros, do profesorado e das ANPAS, analizar as dificultades existentes e canalizar propostas e solucións ante as administracións competentes.


O BNG lembra que leva anos reclamando a súa convocatoria e que en xullo de 2025 presentou unha moción, aprobada polo pleno municipal, para reactivar este órgano, que non se reunía desde o ano 2022. Malia as reiteradas peticións realizadas posteriormente nas comisións informativas, e nos espazos plenarios, Santos Omil denuncia que o goberno local do PP continúa sen dar cumprimento a este acordo.

CEIP Sequelo
As instalacións do CEIP Sequelo

Desde o BNG insisten en que os órganos de participación municipal deben ser espazos útiles para escoitar as demandas da veciñanza, abordar os problemas e trasladar propostas ás administracións responsables, e reclaman ao goberno local que facilite o seu funcionamento e se implique na procura de respostas ás necesidades da comunidade educativa.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss