O BNG insta a intensificar os esforzos económicos a loita contra a violencia de xénero

Celia García demanda ‘a necesaria incrementación dos recursos destinados á loita contra a violencia de xénero así como expresar o noso rexeito aos discursos machistas crecentes.”
18 de noviembre de 2023
1 minuto lectura
cartel de fomentas a igualdade

Nun claro acto de compromiso coa erradicación da violencia de xénero, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) insta de maneira contundente á Xunta de Galicia a intensificar os seus esforzos económicos e preventivos na loita contra esta lacra social.

Durante o último pleno municipal celebrado o 9 de novembro, a concelleira do BNG, Celia García, presentou as seguintes propostas destinadas a fortalecer a resposta institucional ante a violencia de xénero, unha prioridade política, social e institucional de primeira orde que require un compromiso colectivo para establecer novos compromisos.

 Incremento de recursos económicos destinados especificamente á loita contra a violencia de xénero. A proposta suxire que estes recursos non deberían ser inferiores ao 1% do orzamento total para o ano 2024.
 Maior esforzo en prevención conscientes de que é clave na erradicación da violencia sexual, recoñecendo a responsabilidade compartida tanto das institucións como da sociedade no seu conxunto.
 Ampliación e extensión dos Centros de Información á Muller (CIM) considerados elementos esenciais para brindar apoio e asistencia ás vítimas de violencia de xénero.

A pesar da importancia da moción presentada polo BNG en liña coa concienciación necesaria sobre a violencia de xénero, o debate desviouse cara a unha vía partidista, especialmente por parte do Partido Popular (PP), o que derivou en tensión debido ás apreciacións doutros partidos sobre os
comportamentos e actitudes da dereita neste asunto.

Tras un debate reflexivo sobre a moción, alcanzouse un acordo unánime entre os grupos da corporación, expresando a vontade do Concello na loita contra a violencia machista.

Nun contexto no que a violencia de xénero segue a ser unha realidade persistente, o BNG fai un chamado á unidade de todas as forzas políticas para abordar esta cuestión de maneira integral, rexeitando calquera forma de discriminación ou banalización da violencia de xénero.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss