O BNG insta ao Concello a actuar ante a neglixencia na xestión da protección animal

28 de febrero de 2024
1 minuto lectura
bng protección animal

A recente emisión do comunicado pola Xunta de Galicia, detallando as bases reguladoras para a concesión de axudas ás entidades locais para fortalecer a protección dos animais domésticos de compañía abandonados, destaca a necesidade urxente de acción ante a problemática das colonias felinas no concello de Marín.

Segundo a Lei 4/2017, a responsabilidade da recollida de animais abandonados recae nas administracións municipais, coa facultade de xestionar este servizo por si mesmas ou en colaboración con entidades especializadas. A recente modificación da Lei de Benestar Animal ampliou as responsabilidades
municipais para incluír a identificación e xestión das colonias felinas, subliñando a importancia dun compromiso sólido na atención aos animais desamparados.

Proposta ante a comisión informativa de medio ambiente

En resposta a esta necesidade, a concelleira do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Celia García, presentou unha proposta ante a comisión informativa de medio ambiente, buscando solicitar axudas para abordar a problemática das múltiples colonias de felinos en Marín.

Destacando a urxencia de acción ante as queixas recibidas pola sucidade e os malos olores en áreas como Cividanes, A Brea, Méndez Núñez, rúa da Roda e a rúa do Sol. Lamentablemente, a proposta foi rexeitada por Marián Sanmartín, presidenta da comisión, argumentando que se unha colonia de gatos aliméntase pola veciñanza, deixa de considerarse como animais abandonados.

Método Captura, Esterilización e Soltura

Ante esta postura, Celia García denunciou que se trata dunha escusa infundada para evitar a implementación do método C.E.S. (Captura, Esterilización e Soltura), e alertou sobre as consecuencias da neglixencia do goberno do Partido Popular (PP), que está a xerar un grave problema de insalubridade e molestias á veciñanza en diferentes zonas de Marín.

O BNG reitera o seu compromiso coa protección animal e a transparencia na xestión municipal, instando ao goberno local a reconsiderar a súa postura e a tomar medidas efectivas para abordar esta situación urxente en beneficio da comunidade marinense.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss