O can de palleiro: o fiel gardián de Galicia

En Galicia temos a sorte de contar con animais que forman parte da nosa historia e cultura, e un deles é o can de palleiro, unha raza autóctona que leva séculos acompañando ás familias do rural. O seu nome xa nos dá unha pista que conecta co seu pasado: este can tiña por costume durmir e descansar no palleiro, o lugar onde se gardaba a palla nas casas das aldeas. Alí estivo sempre ao quentiño, protexido da chuvia e moi preto da familia á que coidaba.
13 de agosto de 2025
3 minutos de lectura
Can de palleiro
Bidu, can de palleiro. Foto: Freddy Acevedo Ruiz

En Galicia temos a sorte de contar con animais que forman parte da nosa historia e cultura, e un deles é o can de palleiro, unha raza autóctona que leva séculos acompañando ás familias do rural.

O seu nome xa nos dá unha pista que conecta co seu pasado: este can adoitaba durmir e descansar no palleiro, o lugar onde se gardaba a palla nas casas das aldeas. Alí estivo sempre ao quentiño, protexido da chuvia e moi preto da familia á que coidaba.

Morfoloxía de can protector

Este can é grande e robusto, cunha cabeza ampla e orellas ergueitas que lle permiten estar alerta en todo momento. Ten un corpo alongado e forte, con patas musculosas e peito ancho, preparado para correr longas distancias ou vixiar o gando. A súa cola é grosa e o pel abundante —sobre todo no inverno—, o que o protexe do frío e da humidade tan habituais na nosa terra. Ademais, os ollos, de tamaño medio pero moi expresivos, transmiten intelixencia e vixilancia, deixando claro que non é un can de sofá, senón un compañeiro ao que lle gusta participar activamente na vida da súa familia.

Dana e o seu fillo, Bidu, dous preciosos exemplares da raza de Can de Palleiro. Fotos: Freddy Acevedo Ruiz

En canto á cor, adoita presentar un manto uniforme en tons canela, castaño, lobuno ou negro, aínda que noutras ocasións observamos mesturas de pelos claros e escuros, especialmente no peito, colo ou patas, un aspecto natural que encaixa perfectamente coa paisaxe rural galega.

Morfoloxía do Can de Palleiro
Morfoloxía do Can de Palleiro

Historicamente, o can de palleiro foi un can pastor e gardián: intelixente, resistente e valente, converteuse nun aliado ideal para coidar o gando e vixiar a casa. Aínda hoxe conserva ese carácter protector: desconfiado cos descoñecidos, pero profundamente fiel coa súa familia. Grazas ao seu olfacto e á súa aptitude para aprender, tamén podería desempeñar tarefas como can policía, de rescate ou de asistencia, demostrando a súa versatilidade.

Dana e o seu fillo, Bidu, traballan como terapeutas con crianzas. Fotos: Freddy Acevedo Ruiz

O can de palleiro na literatura galega

O seu vínculo co mundo galego é tan profundo que tamén aparece na literatura infantil. Un exemplo é o libro «Viaxes dun can de palleiro» (2009), de Pere Tobaruela, no que o propio can protagoniza aventuras conectadas coa identidade rural galega.

Outro título salientable é «Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo Lambón» (2018), de Cristina Corral Soilán, un libro para crianzas onde se relata como a intelixencia e o valor do can permiten salvar ao seu dono tras un accidente no monte. Ademais nesta obra inclúense actividades e contido formativo sobre esta raza, converténdose nun recurso educativo para a que a xente nova coñeza este can de noso.

No que respecta á literatura para adultos, o can de palleiro aparece na obra de Manuel Rivas onde lle dedica ao can de palleiro todo un capítulo no seu libro «Unha espía no reino de Galicia» (2004), titulado «O país do glorioso can de palleiro», onde o describe como un ser que observa “á marxe do mundanal barullo” e simboliza valores como sabedoría, serenidade e curiosidade.

O Club Can de Palleiro

Durante moitos anos esta raza estivo a piques de desaparecer, mais grazas ao esforzo persoas apaixonadas por ela, como é o caso do Club Can de Palleiro ou a criadores como Iago Triana Da Costa Verdecente , hoxe continúa recuperándose. Sen ir máis lonxe, podemos lembrar a cadelas de palleiro que se fixeron moi famosas, como o caso de Loira, que ademáis de ser actriz, tamén «sabe sumar».

A intelixencia e sensibilidade fai destes cans ideales terapeutas para traballar coas crianzas en consultas médicas. Un exemplo claro son Bildu e a súa nai Dana, que axudan ao doctor Acevedo no seu centro de medicina integrativa de Vigo.

Por todas estas cousas -e moitas outras que se viven no día a día das casas galegas que conviven con eles/as- queda claro que, o can de palleiro non é só un animal de compañía: é un símbolo vivo da nosa identidade rural, testemuña de xeracións de vida e traballo no campo. Coidalo e coñecelo é tamén unha forma de coidar Galicia, a súa historia e as súas tradicións.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss