O CIM de Marín inicia un ciclo de obradoiros para fomentar o benestar e a igualdade

O Concello de Marín, a través do Centro de Información á Muller (CIM), poñerá en marcha a partir do 9 de setembro un programa formativo dirixido á veciñanza feminina do municipio. A iniciativa, denominada “Con M de Mulleres”, integra seis propostas distintas que combinan aprendizaxe persoal, saúde emocional e actividades creativas. En total, ofertaranse sesenta prazas repartidas entre as distintas accións.
3 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
Mujeres CIM
Os cursos respondan a diferentes intereses e realidades.

O ciclo inclúe obradoiros de coaching persoal, intelixencia emocional, técnicas de atención plena, alimentación saudable, arteterapia e impresión vexetal. As sesións desenvolveranse maioritariamente na aula de formación da Casa Grande da Finca de Briz, salvo a actividade vinculada á botánica, que se celebrará na Casa de Cultura de Mogor.

Briz
Os cursos impartiránse na aula de formación da Casa Grande da Finca de Briz

A proposta do CIM de Marín busca atender as necesidades de mulleres que atravesan situacións de especial vulnerabilidade, como vítimas de violencia de xénero ou persoas con cargas familiares asumidas en solitario. Non obstante, a programación abrirase tamén ao conxunto da poboación feminina de Marín, co obxectivo de ampliar o acceso a espazos de coidado e aprendizaxe que reforcen a igualdade de oportunidades.

A asistencia será de balde

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través do propio CIM, ben de forma presencial no horario de mañá, ou mediante contacto telefónico. A asistencia será de balde ao estar financiado o programa por medio dunha subvención da Comisión Europea e intégrase dentro do Plan de Promoción da Igualdade e de prevención da violencia de xénero.

Igualdade
Os cursos intégranse dentro do Plan de Promoción da Igualdade

As autoridades municipais subliñan que este apoio económico permite dar continuidade a proxectos de carácter social que teñen como finalidade mellorar o benestar das mulleres e contribuír a previr situacións de violencia. O financiamento comunitario céntrase especialmente en accións que favorezan a integración social e laboral das participantes.


Para diferentes intereses e realidades

A iniciativa abrangue tanto actividades orientadas ao desenvolvemento persoal, como o coaching e a intelixencia emocional, como outras de carácter máis práctico ou expresivo, caso da arteterapia ou da impresión vexetal. Deste xeito, o programa combina ferramentas de autocoidado cun enfoque creativo, co fin de ofrecer experiencias diversas que respondan a diferentes intereses e realidades:
·  Obradoiro de coaching persoal: Lider da miña vida

·  Obradoiro de intelixencia emocional para mulleres. Quen son?

·  Técnicas de atención plena. Mindfullnes. Taller de autocoidado. Alimentación saudable en cada etapa da vida

·  Obradoiro de artes expresivas. Arteterapia

·  Taller de impresión vexetal e preservación botánica no rural (Casa da cultura de Mogor)

Todas arrancarán a partir do 9 de setembro e será preciso inscribirse no CIM mañá de 09.00 a 14.00 horas, no teléfono do CIM (986891802).

Co ciclo “Con M de Mulleres”, o CIM de Marín pretende consolidarse como un recurso de referencia para a veciñanza, non só no eido da atención e asesoramento, senón tamén como espazo dinamizador que promove o crecemento persoal e a igualdade efectiva.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss