O IES Chan do Monte reforza este curso a formación en primeiros auxilios con obradoiros para profesorado e alumnado

O IES Chan do Monte mantén por terceiro curso consecutivo o seu programa de formación en primeiros auxilios, dirixido ao alumnado de ciclos formativos de grao básico, medio e superior. Este curso, ademais, o centro deu un paso máis ao priorizar tamén a capacitación do profesorado, ampliando o impacto desta iniciativa. A formación, impulsada polo departamento de FOL, combina teoría con obradoiros prácticos centrados na actuación segura ante emerxencias.
16 de enero de 2026
2 minutos de lectura
Primeiros auxilico formación no IES Chan do Monte
O profesorado tamén está a facer a formación en Primeiros Auxilios

A docencia non se limita á explicación teórica: o groso do programa céntrase en sesións prácticas nas que o alumnado aplica o aprendido na aula baixo a supervisión do profesorado.

Os obradoiros fan especial fincapé no Soporte Vital Básico (SVB), abordando a valoración da consciencia, a comprobación da respiración mediante a manobra fronte-mantón e a técnica VOS, a Posición Lateral de Seguridade (PLS), as manobras de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e o uso do desfibrilador semiautomático (DEA) con equipos de adestramento.


Segundo explica Eva Álvarez Yáñez, docente de FOL e coordinadora destas formacións, “a parte práctica é fundamental. É aquí onde realmente interiorizan o que hai que facer e gañan confianza para actuar”.

Maniobra de Heimlich e atención a atragantamentos

Outra das prácticas centrais é a aprendizaxe da Maniobra de Heimlich en casos de atragantamento total ou obstrución grave das vías aéreas. Para iso emprégase material específico que permite simular a situación con seguridade. “É unha das situacións máis habituais fóra do ámbito sanitario e o alumnado valórao moito porque sente que pode ser útil na vida real”, sinala Álvarez Yáñez.

Os obxectivos inclúen identificar emerxencias, aplicar o protocolo PAS, coñecer o deber legal de socorro, realizar a secuencia do SVB, actuar ante atragantamentos, xestionar o estrés e garantir a autoprotección. Tamén se traballa a empatía e o acompañamento á vítima.
“Non se trata só de aprender manobras”, indica a docente, “senón de manter a calma, saber pedir axuda e transmitir tranquilidade á persoa que sofre a emerxencia”.

O impacto positivo no alumnado

A participación é activa en todas as sesións e o feedback é moi positivo. O alumnado recoñece que é unha formación moi necesaria e que a práctica facilita lembrar os pasos de actuación. “Din que facendo o obradoiro lles queda gravado o protocolo e que agora se ven capaces de intervir se é preciso”, comenta Álvarez Yáñez.

A implicación do profesorado neste curso

Neste curso académico destacouse especialmente a formación en primeiros auxilios ao profesorado, impartida no mes de novembro por persoal de emerxencias sanitarias e medicina. Parte do claustro recibiu a capacitación por primeira vez e outra parte participou en accións de reciclaxe e actualización. “É clave que o profesorado tamén estea preparado, porque pode ser o primeiro en actuar dentro do centro”, subliña.

Un momento da formación para profesorado

Extensión a outros niveis educativos dende o curriculum

O alumnado de ESO e Bacharelato tamén recibiu formación introdutoria, a través do departamento de Educación Física, ampliando o alcance dun programa que xa se consolidou como sinal de identidade do IES Chan do Monte.

Os obradoiros fan especial fincapé no Soporte Vital Básico (SVB)
Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss