O impacto dos LED na saúde visual e neurolóxica

A iluminación LED e as pantallas dixitais forman parte inseparable da vida moderna. A súa eficiencia enerxética e baixo custo aceleraron unha implantación masiva en fogares, escolas e espazos públicos. Porén, cada vez máis estudos científicos poñen o foco nun efecto colateral pouco visible: o impacto da luz azul na vista e no cerebro, con consecuencias que poden ser máis acusadas en persoas con necesidades educativas especiais (NEE).
16 de febrero de 2026
1 minuto lectura
As luces LED colonizan os centros públicos

Durante décadas, a iluminación baseouse en bombillas incandescentes e halóxenas, cunha luz máis cálida e cun espectro continuo. Segundo o investigador Serge Picaud, do Instituto da Visión de París, “estes sistemas imitaban mellor a luz natural e xeraban menor estrés para a retina”. A chegada do LED introduciu unha luz máis intensa nas lonxitudes de onda curtas, responsables da chamada luz azul.

A ANSES, organismo público francés de referencia, advertiu en informes oficiais que a exposición continuada a este tipo de luz pode provocar dano fototóxico acumulativo, especialmente en nenos, cuxos ollos aínda non filtran adecuadamente estas radiacións.

Ollo e cerebro: un sistema conectado

A doutora Celia Sánchez-Ramos, oftalmóloga e investigadora da Universidade Complutense de Madrid, relaciona a exposición prolongada a LED fríos coa fatiga visual, visión borrosa e maior risco de alteracións maculares a longo prazo. Pero os efectos non se limitan á vista.

Celia Sánchez-Ramos Roda: ¿Por qué la luz puede dañar nuestros ojos? En búsqueda de una solución

Os LED nos centros escolares: un factor agravante das NEE

En persoas con TDAH, TAD ou TEA, esta sobreestimulación pode intensificar síntomas.

Estudios neurocientíficos teñen identificado que moitos individuos con autismo, TDAH u otras formas de neurodiversidad presentan hipersensibilidad visual —incluindo sensibilidade a estímulos como luz brillante, parpadeo o ambientes visualmente intensos— o cal indica que hai diferenzas en como o cerebro procesa estímulos visuais nestes casos. Esta diferenza observouse en varios colectivos de neurodiverxentes e tamén en condicións neurolóxicas relacionadas.

Recomendacións avaladas por especialistas

Os expertos coinciden en que a clave non é eliminar os LED, senón usalos con criterio.

A ANSES e a Sociedade Española de Oftalmoloxía recomendan empregar iluminación LED cálida (por baixo de 3.000 K), especialmente en fogares e centros educativos.

Sánchez-Ramos aconsella reducir o tempo de exposición a pantallas e activar filtros de luz azul, sobre todo en horario nocturno.

Desde a Pediatría Integral advirten da importancia de regular o usa das pantallas no caso de nenos e nenas, evitando a exposición a estas alomenos unha hora antes de durmir.

A tecnoloxía avanza rápido, pero os profesionais lembran que a saúde visual e neurolóxica debe avanzar ao mesmo ritmo.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss