O subdelegado do Goberno, Abel Losada felicitou ao Colexio de Farmacia por ter logrado xa a apertura de 62 puntos violeta na provincia. A presidenta do Colexio Provincial, Beatriz García, vén de dar conta á
Subdelegación que tralas sesións de formación impartidas polas comarcas da provincia estes 62 espazos seguros, onde as mulleres poden atopar información sobre os recursos policiais e asistenciais dispoñibles diante dunha situación de violencia sexual ou violencia de xénero, xa están operativos.

“Que dispoñamos xa desta auténtica rede capilar de apoio ás mulleres por toda a provincia, facéndoa ademais permeable ao territorio rural onde os recursos empre son máis escasos, paréceme un salto cualitativo e isto é mérito fundamentalmente do colectivo de farmacéuticas e farmacéuticos desta provincia, que deron un paso adiante”, afirma o subdelegado do Goberno.
“As farmacias son espazos de confianza, atendidos por profesionais da saúde, en gran parte mulleres, e cunha ampla presencia no rural, polo que son, en certa medida, refuxios dende os que as mulleres poden demandar axuda cando están nunha situación difícil, simplemente polo feito de ser mulleres”, engade.
7 boticas na Comarca do Morrazo
O Colexio de Farmacia confirma que as boticas repártense por todas as comarcas. Deste xeito, 7 están situadas na comarca do Morrazo, 5 en Caldas de Reis (Ullán), 12 en Arousa-Salnés, 9 no Baixo Miño, 6 no Deza, 5 en Tabeirós-Terra de Montes, 7 na cidade de Pontevedra e 11 en Vigo. Beatriz García explicou que as sesións de presentación e formación que se teñen realizado xa nestas comarcas teñen dado os seus froitos e case tódolos días hai novas incorporacións, de tal xeito que na última semana incorporáronse catro.

O Colexio de Farmacia confirma que as boticas repártense por todas as comarcas. Deste xeito, 5 están situadas na comarca de Caldas de Reis (Ullán), 7 no Morrazo, 12 en Arousa-Salnés, 9 no Baixo Miño, 6 no Deza, 5 en Tabeirós-Terra de Montes, 7 na cidade de Pontevedra e 11 en Vigo. Beatriz García explicou que as sesións de presentación e formación que se teñen realizado xa nestas comarcas teñen dado os seus froitos e case tódolos días hai novas incorporacións, de tal xeito que na última semana incorporáronse catro.