O Summer Intensive do Ballet de Galicia terá como colofón final a Gala de Verán do 30 de agosto

O Summer Intensive do Ballet de Galicia terá como colofón final a Gala de Verán do 3o de agosto na Alameda.
21 de agosto de 2025
1 minuto lectura
Ballet de Galicia de Marín.
Ballet de Galicia de Marín.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou hoxe o Summer Intensive do Ballet de Galicia, unha formación en danza clásica e contemporánea de alto nivel que se está a desenvolver este mes no Pavillón do Sequelo e que terá como colofón final a Gala de Verán do 30 de agosto na Alameda.

O director da escola de danza marinense explicou á rexedora que están a participar 60 nenos e nenas, que aproveitan esta oportunidade para ampliar a súa formación.

Nalgúns casos, incluso deciden ampliar a súa estancia na vila durante o ano enteiro para seguir tomando clases co equipo de profesorado do Ballet de Galicia.

México e distintos puntos de España

Procedentes de distintos puntos de España (Extremadura, Andalucía, Asturias, Castela e León…) e de Mexico, os rapaces e rapazas trasladáronlle á alcaldesa o ben que están aproveitando o tempo.

Pola súa parte, a rexedora parabenizounos polo seu esforzo e talento e trasladoulles «as enormes ganas que temos en Marín de vervos bailar. Para nós é un regalo».

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss