Os drons amosan en Lourizán o seu potencial para a agricultura de precisión

O evento, organizado por DataLife —o Hub de Innovación Dixital Europeo (EDIH) de Galicia— en colaboración co Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais (Catec), serviu para demostrar as posibilidades que ofrece esta tecnoloxía ao sector agroforestal.
7 de julio de 2025
1 minuto lectura
Xornada demostrativa en Lourizán do Proxecto HIBA+ que aplica drons na agricultura de precisión. Foto: CATEC
Xornada demostrativa en Lourizán do Proxecto HIBA+ que aplica drons na agricultura de precisión. Foto: CATEC

Durante a sesión, os asistentes puideron observar en directo como un dron pode recompilar información detallada dun cultivo en apenas uns minutos. A identificación de zonas afectadas pola seca ou por pragas é só unha das moitas aplicacións posibles. Jorge Rodríguez, enxeñeiro da Unidade de Percepción de IA de Catec, explicou que o abaratamento destes vehículos nos últimos anos os converte nunha opción cada vez máis viable para o sector primario.

Rodríguez explicou que estes drons son especialmente útiles para persoas con grandes extensións de terreo, xa que poden programar voos periódicos para detectar sinais de enfermidades ou estrés nas plantas, o que resulta de gran utilidade.

Os drons permiten instalar unha gran variedade de sensores adaptados ás necesidades específicas de cada explotación. Entre eles destacan as cámaras térmicas, que miden o grao de humidade, ou as espectrais, que permiten calcular o índice de vigor da vexetación. Isto ofrece unha visión moi precisa do estado dos cultivos e facilita a toma de decisións.

O proxecto Hiba+

Esta actividade enmárcase no proxecto Hiba+, unha iniciativa que busca recompilar datos en campo para procesalos e obter información útil no ámbito agroalimentario. Unha segunda fase do proxecto contempla a creación dunha plataforma en liña na que os produtores poderán comparar os seus datos cos doutros cultivos e rexións. En Galicia, o proxecto está a desenvolverse no municipio de Frades, en terreos forestais, pero tamén se está a probar noutras plantacións como olivares, viñedos ou cultivos de pataca.

Xornada demostrativa en Lourizán do Proxecto HIBA+ que aplica drons na agricultura de precisión. Foto: CATEC
Drons sobre Lourizán. Foto: CATEC

Os drons especializados, equipados con sensores avanzados, capturan datos precisos desde o aire, permitindo:

  • Monitorización masiva de extensas áreas forestais
  • Detección temperá de pragas, enfermidades e #estrés hídrico
  • Mapeo de alta resolución con información espectral invisible ao ollo humano
  • Optimización de recursos mediante análise preditiva Seguimento temporal da evolución das masas forestais

A xornada rematou cunha demostración práctica onde os participantes comprobaron a facilidade coa que se poden programar os drons e a versatilidade das súas aplicacións. Segundo Miguel Sío, piloto de Catec, estas son máquinas moi autónomas, versátiles e capaces de dar posicións xeorreferenciadas de grande utilidade para o análise de datos.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss