A protectora de animais «Os Palleiros» necesita axuda urxente

A protectora de animais "Os Palleiros", con sede en Pontevedra, leva anos converténdose no fogar de transición para centos de cans e gatos que, por distintas circunstancias, quedaron sós. O traballo constante de voluntarios e socios fixo posible que moitos destes animais atopasen atención, coidados e, finalmente, unha nova familia. Porén, a entidade enfróntase nestes momentos a unha situación económica complicada que fai necesario un reforzo no apoio social.
10 de septiembre de 2025
1 minuto lectura
Can
Moitos animais que viven na protectora "Os Palleiros" seguen á espera de ser adoptados

Nos últimos meses, a protectora «Os palleiros» tivo que atender a un número importante de cans con enfermidades graves ou problemas de saúde que requiriron intervención veterinaria. Estes gastos incrementaron de maneira notable as débedas coas clínicas que colaboran coa asociación, sempre priorizando o benestar dos animais.

Ademais, a protectora está a xestionar un contratempo administrativo cunha das súas contas bancarias no BBVA, o que dificultou o cobro regular das cotas de socios. Trátase dun inconveniente que, segundo explican, xa están tentando resolver, pero que deixou á entidade con menos liquidez da habitual.

Teñen abertas varias vías de colaboración

Para afrontar este escenario, «Os Palleiros» mantén abertas varias vías de colaboración. Alén das achegas económicas directas, continúan en marcha iniciativas solidarias como a venda da súa liña de roupa, con camisetas e sudadeiras a prezos accesibles, cuxos beneficios se destinan integramente ao coidado dos cans. Tamén teñen dispoñible a súa lotaría de Nadal, este ano en décimos, que inclúe un donativo de dous euros para o mantemento do refuxio así como donacións de materiais que fai algunha xente ao refuxio e que venden ás veces no seu posto nalgunhas festas ou feiras.

Cada pequena achega, unha axuda real

Desde a asociación destacan que, a pesar das dificultades, seguen adiante con ilusión e confianza na solidariedade cidadá. Lembran que cada pequena achega, tanto económica como en forma de voluntariado, supón unha axuda real para manter cubertas as necesidades básicas dos animais: alimentación, medicamentos, atención veterinaria e instalacións dignas.

O obxectivo de «Os Palleiros» segue sendo o mesmo que que os moven no día do seu nacemento: dar unha segunda oportunidade a cans e gatos que, sen este apoio, terían un futuro incerto. Co respaldo da sociedade, esperan poder continuar desenvolvendo unha labor que non só salva vidas, senón que tamén sensibiliza sobre a importancia de tratar con respecto e responsabilidade aos animais.

Como botar unha man?

As persoas interesadas en colaborar poden facelo de diferentes xeitos: ingresando a súa achega nas contas ES09 2080 5406 8230 4013 2779 (ABANCA) ou ES52 0182 5150 8302 0173 2323 (BBVA), enviando un Bizum co código 08470, ou poñéndose en contacto directamente coa protectora a través das súas redes sociais e canles habituais.

Cada doazón, por pequena que sexa, convértese nun sopro de aire para continuar coidando daqueles que non teñen voz pero si dereito a unha vida digna.

*Todas as fotos da reportexa son das RRSS de «Os palleiros»

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss