Programa e Carta de María Ramallo sobre as Festas do Carme

O 16 de xullo, Día do Carme, vivirase o momento máis emotivo coa procesión marítima e a gran tirada de fogos de artificio. A alcaldesa fixo un chamamento a "sentir orgullo do que somos e do noso xeito de vivir".
29 de junio de 2026
2 minutos de lectura
La Alcaldesa de Marín, María Ramallo, junto con la concejala de Fiestas, Mariam Sanmartin.
La Alcaldesa de Marín, María Ramallo, junto con la concejala de Fiestas, Mariam Sanmartin.

A Alcaldesa, María Ramallo destacou, entre os pratos fortes, a Batalla de Flores Nocturna do día 9 de xullo e a V Festa do Viño da IXP Ribeiras do Morrazo, que se celebrará na Alameda do 10 ao 12 de xullo e por suposto o pregón, que se mantén en segredo aínda uns días máis.

A música será protagonista coas mellores orquestras do momento: Panorama (12 de xullo), Olympus (13 de xullo), París de Noia (14 de xullo), Marbella (15 de xullo) e Los Player’s. Tamén haberá espazo para grandes concertos como o de Lérica no Parque Eguren.

Día do Carme, 16 de Julio

O 16 de xullo, Día do Carme, vivirase o momento máis emotivo coa procesión marítima e a gran tirada de fogos de artificio.
María Ramallo quixo destacar que «Marín está preparado; as nosas rúas, prazas e espazos naturais están listos para gozar xuntos duns meses cheos de dinamización, cultura e tradicións». A alcaldesa fixo un chamamento a «sentir orgullo do que somos e do noso xeito de vivir».

O cartel: unha homenaxe ilustrada a Marín e ás súas festas Unha das grandes novidades deste ano é o deseño do cartel, obra do ilustrador Iván Mouronte. O Concello mantén así a súa clara aposta pola creación ilustrada, fuxindo de composicións fotográficas tradicionais para ofrecer unha imaxe artística que recolle os elementos máis senlleiros das nosas festas: os barcos, a música das bandas e charangas, as flores, a esencia mariñeira da vila, a graduación dos futuros oficiais da Armada, os djs e concertos… E todo coroado cunha Virxe do Carme no centro.

Iván Mouronte Barreiro, natural de Lugo, é un recoñecido ilustrador e animador freelance con traxectoria desde 2008. Formado en deseño gráfico, o seu traballo é multidisciplinar, abarcando desde cartelería e prensa ata o deseño de personaxes para videoxogos e animación.

Entre as publicacións nas que ten traballado destacan “Compostela, camiño de pedra” e “Os Trotasongs”, e colabora con medios como El Progreso ou a revista El Notario del siglo XXI. Mouronte tamén destaca pola súa faceta como fotógrafo de música en vivo e deseñador mural.

Plan de Mobilidade

Para facilitar que veciños e visitantes poidan gozar das festas sen preocupacións, o Concello anunciou un Plan de Mobilidade e unha importante ampliación dos horarios de autobús na liña Pontevedra-Marín os días 10, 11, 12, 13, 14, 15 e 16 de xullo, con saídas desde Pontevedra cada hora desde as 00.00h ata as 04.00 e de Marín cada hora desde as 00.30 ata as 04:30 horas.

Así mesmo, lembrouse a dispoñibilidade de aparcadoiros públicos gratuítos, cuxa listaxe pode consultarse na web municipal e nesta ligazón de Maps, moi útil para saber chegar a eles.

https://diariomarin.com/wp-content/uploads/2026/06/programa-festas-carme-2026_web-1.pdf
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss