Publicada a nova lei que veta enerxéticas e vapeadores a menores

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, que entrará en vigor o vindeiro 7 de marzo.
19 de enero de 2026
1 minuto lectura
Más del 40% de los adolescentes han probado el vapeo.

A nova normativa, pioneira a nivel estatal, prohibe a venda e o consumo de bebidas enerxéticas e cigarros electrónicos a menores de idade, equiparándoos ao tabaco e ao alcol en canto a restricións.

Esto terá impacto directo tamén en Marín, tanto nos establecementos comerciais como nos espazos públicos. A lei baséase na evidencia científica e nos datos da enquisa estatal Estudes 2025, que sinala que máis do 41 % da poboación adolescente entre 14 e 18 anos probou algunha vez os vapeadores. Esto é unha incidencia superior á do consumo de tabaco nesta franxa de idade.

Riscos na saúde

A nova lei prohibe igualmente o consumo de cigarros electrónicos entre menores, ao conter substancias tóxicas mesmo cando non levan nicotina. Ademais, amplíase a prohibición de fumar nos accesos a centros educativos, sanitarios e da administración pública, incluíndo un radio de 50 metros Tamén nas marquesiñas de transporte público e nas piscinas de uso público, espazos habituais tamén no municipio.

No caso das bebidas enerxéticas, a Xunta alerta dos riscos asociados ao seu elevado contido en cafeína e outros estimulantes. Esto poden provocar alteracións do sono, problemas de comportamento e trastornos cardiovasculares en menores.

Galicia convértese así na primeira comunidade autónoma en aplicar esta prohibición, seguindo a senda doutros países europeos. Os establecementos deberán, ademais, situar estes produtos en espazos diferenciados dos refrescos para reforzar a concienciación social.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss