Reunión para as familias con praza nos campamentos de verán

28 de junio de 2023
1 minuto lectura

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, anunciou que o mércores 28 de xuño ás 20.30 horas terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres a reunión destinada ás familias para a organización dos campamentos de verán de
conciliación organizados polo Concello.

Poderán acudir pais e nais de todos os nenos e nenas que teñen praza en calquera das quincenas. Explicaráselles cal é o funcionamento destes campamentos de conciliación, todas as normas básicas e as necesidades dos nenos e nenas de cara ás actividades que se realizarán.

photo of pitched dome tents overlooking mountain ranges campamentos de verán
Photo by Xue Guangjian on Pexels.com
Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss