O torneo internacional AMCO Arena, celebrado en Braga (Portugal) do 9 ao 12 de xullo, acabou co sete metais para O Club Deportivo Team Thunder de boxeo de Marín.
Os sete deportistas da expedición marinense demostraron que, máis aló de ser un equipo, funcionan como unha familia unida disposta a apoiarse sen importar o resultado, tal e como comenta Hugo Cruz.
Ouros
Os ouros chegaron da man dos xuvenís Miguel Marciel Pacheco (-54kg) e
Hugo Cruz Pazos (-66kg), ademais do mozo Héctor Novo Blanco (-65kg).
Miguel destacou: «No último asalto ía abaixo, pero grazas ás indicacións da
esquina conseguín a remontada». Héctor, pola súa banda, afirmou ter estado «moi calmado e confiado» grazas ao adestramento duro, mentres que Hugo admitiu que, pese ao cansaço do peso, «facéndolle caso á esquina puiden afrontar o combate e levarme o ouro».
Pola súa parte, Carmen Quintero Morquecho sumou unha valiosa prata en
Senior (-60kg), asegurando que se leva «unha gran experiencia e moito
aprendizaxe».
Os bronces completaron o medalleiro con Troy Montes (-60kg), quen
recoñeceu que «foi un combate tacticamente complicado», xunto aos púxiles Elite Carlos Leiro (-85kg) e Aarón González Diz (-75kg).
Carlos confesou que, tras vir tocado mentalmente, «grazas á confianza do meu equipo saíu bastante ben», mentres que Aarón celebrou o seu bronce tras meses de lesións: «Volver competir e recuperar esa ilusión xa era unha vitoria». Con este éxito colectivo, o club reafirma que a súa verdadeira forza reside na unión.