Novos obradoiros de capacitación tecnolóxica

Entre o 5 e o 8 de maio realizaranse accións presenciais e telemáticas arredor de temáticas como a analítica web, o deseño gráfico e a xestión de redes sociais
5 de mayo de 2025
1 minuto lectura
ordenador galegas dixitales

A Deputación de Pontevedra organiza esta semana seis novos obradoiros tecnolóxicos da Rede SmartPeme+. Serán en liña (con inscrición previa) e presenciais do luns 5 ao xoves 8 de maio, sobre temas útiles para empresas como analítica web, deseño gráfico e ferramentas como WhatsApp Business, Instagram e LinkedIn.

  • Luns 5 ás 12:00 h: Obradoiro online Google Analytics para a toma de decisións, para aprender a medir e mellorar os resultados da web da empresa. Formulario
  • Martes 6 ás 12:00 h: Online, IA – Como facer prompts correctos, para crear indicacións precisas e evitar erros coa Intelixencia Artificial. Formulario
  • Martes 6 ás 17:00 h: Presencial en Cambados, Deseña imaxes impactantes, para aprender a facer deseños profesionais sen experiencia previa. Formulario
  • Mércores 7 ás 12:00 h: Online, LinkedIn para empresas, para aproveitar esta rede creando contactos e posicionando a empresa. Formulario
  • Xoves 8 de 9:30 a 11:00 h: Presencial no Porriño, Así funciona WhatsApp Business, para xestionar a mensaxería coa clientela. Formulario
  • Xoves 8 ás 17:00 h: Online, Crea vídeo para Instagram, para facer contidos creativos e chegar a máis xente. Formulario

A Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural conta cun orzamento de 1,45 millóns e ofrece asesoramento e formación a 2500 emprendedores e pemes ao ano dende as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss