O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín impulsa un obradoiro de achegamento ás novas tecnoloxías

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia, pon en marcha un novo obradoiro de Achegamento ás Novas Tecnoloxías dirixido á poboación maior e aberto ao conxunto da cidadanía. A actividade desenvolverase dende o mércores 28 de xaneiro ata o 15 de abril de 2026, todos os mércores en horario de 11.00 a 12.00 horas, no Museo Municipal Manuel Torres de Marín.
22 de enero de 2026
1 minuto lectura

O principal obxectivo deste obradoiro é contribuír ao benestar social das persoas maiores do municipio, facilitando o acceso ás ferramentas tecnolóxicas que forman parte da vida cotiá. A través desta iniciativa, o Centro de Atención a Persoas Maiores busca achegar os seus servizos á comunidade e promover unha maior inclusión dixital, reducindo a fenda tecnolóxica que aínda afecta a unha parte da poboación.

Durante as sesións, as persoas participantes recibirán apoio práctico para aprender a manexar dispositivos como teléfonos móbiles ou tabletas, así como para familiarizarse con aplicacións e servizos dixitais de uso habitual, como a mensaxería instantánea, as chamadas en liña ou a xestión de trámites básicos.

Utilidades, beneficios e riscos das novas tecnoloxías

O contido do obradoiro non se centrará unicamente no uso técnico das ferramentas dixitais, senón tamén na comprensión das súas posibilidades e limitacións. O programa pretende que as persoas maiores coñezan tanto as utilidades e beneficios das novas tecnoloxías —como a comunicación coa familia, o acceso á información ou o lecer— como os perigos asociados ao seu uso, facendo especial fincapé na seguridade, a protección da privacidade e a prevención de fraudes.

Deste xeito, o obradoiro busca dotar ás persoas asistentes de maior autonomía e confianza no seu día a día, favorecendo unha relación máis segura e responsable coa tecnoloxía.

Inscrición aberta ao público

O obradoiro está aberto ao público interesado e para participar é preciso realizar inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse chamando ou enviando unha mensaxe ao teléfono 636 578 034.

Esta actividade enmárcase dentro das accións impulsadas polo Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, dependente da Xunta de Galicia, co obxectivo de promover un envellecemento activo, participativo e conectado coa realidade social e tecnolóxica actual.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss