Todo preparado para o Entroido 2026 en Marín

O Concello e as asociacións implicadas no Entroido presentaron o cartel e a programación completa desta festa, que arrancará o venres 13 de febreiro.
28 de enero de 2026
3 minutos de lectura
Presentado o cartel do Entroido 2026

A imaxe desta edición quere poñer o foco no Enterro da Sardiña, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, un dos actos máis emblemáticos da programación e que, un ano máis, servirá de peche simbólico a varios días de celebración.

Así o destacou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, durante a presentación oficial do Entroido, celebrada este mércores no Concello.

No acto participaron tamén a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, e representantes dalgunhas das asociacións que forman parte activa da organización do Entroido marinense, como o Ateneo Santa Cecilia, a comparsa Os da Caña e Amigos dos Rapaces.

Concello e asociacións representativas na organización do Entroido.

Nove días de festa

De novo a programación inclúe algunhas das citas máis consolidadas, como os cantos de taberna, os desfiles infantil e de adultos, a Festa do Merengue, as ludoxornadas ou o propio Enterro da Sardiña.

E como sempre, a estas actividades súmanse tamén os entroidos das parroquias de San Xulián e Seixo, este último coa tradicional Burra Chirica como protagonista.

Desde o Concello lembran que o prazo de inscrición para participar nos desfiles de Entroido remata o xoves 12 de febreiro ás 14.00 horas. As bases e toda a información están dispoñibles na web municipal. En total, repartiranse preto de 18.000 euros en premios.

Interese Turístico en Galicia

O Enterro da Sardiña de Marín celébrase anualmente cada mércores de cinza desde o ano 1882. Preséntase como unha festa urbana, participativa e aberta a persoas de todas as idades. E ten as súas particularidades como adoptar a forma dunha procesión de Semana Santa. E desde 2023 conta co seu recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia.

Venres, 13 de febreiro
20.00 h. Cantos de taberna polos bares de Marín.
Organiza: Concello de Marín e Saljariteiros.

Sábado, 14 de febreiro
16.00 h. Inscrición do Desfile Infantil. Alameda.
16.30 h. Desfile Infantil (Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Parque Eguren).
En caso de choiva, o desfile será cancelado.
17.00 a 19.00 h. Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación, obradoiros e filloas gratuítas.
En caso de choiva, trasladarase ao Pavillón do IES Illa de Tambo.
Organiza: Concello de Marín.

Domingo, 15 de febreiro
12.30 h. Pasarrúas das comparsas de Marín con saída desde distintos puntos e encontro final na Alameda:
– Paparrulos, desde a Barriada da Cañota
– Os da Caña, desde a rúa Landín Pazos
– Amigos dos Rapaces, desde a rúa Lameira

16.00 h. Concentración de participantes do Desfile de Adultos. Praza do Regueiro.
17.00 h. Gran Desfile de Entroido (Praza do Regueiro, Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, Parque Eguren), coa entrega de premios ao remate.
En caso de choiva, aprazarase.

Luns, 16 de febreiro
Velorio do Enterro da Sardiña no Concello.
Organiza: Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.

12.00 h. Festa do Merengue na Lameiriña, coa música de Pousos da Area.
17.00 h. Festa infantil con animación de Dolcevita na Lameiriña. Sorteo ás 19.00 h.
Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín.

17.00 a 21.00 h. Tarde de ludoxornadas no Museo.

Martes, 17 de febreiro
16.00 h. II Torneo de Chave do Enterro da Sardiña.
Campos de Petanca Municipais da Barriada Virxe do Carme.
Organiza: A.C.D. Gharaboto.

17.00 a 21.00 h. Tarde de ludoxornadas no Museo.
17.30 a 19.30 h. Obradoiros e xogos infantís de Entroido na Alameda.
Ás 18.30 h, chocolatada gratuíta.
Organiza: Concello de Marín.

20.00 h. Entrega de premios do Concurso de Orellas e Filloas no Ateneo Santa Cecilia (recepción ás 18.00 h).
Organiza: Ateneo Santa Cecilia.

Mércores, 18 de febreiro
18.00 h. Velorio do Enterro da Sardiña na Alameda, con reparto de viño e pan de millo.
20.00 h. Enterro da Sardiña, con saída desde a Alameda e percorrido polas rúas Jaime Janer, Busto de Abaixo, Doutor Touriño e Sol ata a Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón. Despois, continuará por Real, Almuíña e Praza de España, coa despedida final no mar.

Sábado, 21 de febreiro
16.30 h. Animación coa Charanga Noroeste en Seixo.
17.00 h. Desfile de Entroido de Seixo, desde San Blas ata a Alameda de Seixo, coa homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada e sesión final de música e baile.
Organiza: Grupo Cultural Ronsel e Concello de Marín.

Venres, 27 de febreiro
17.00 a 20.00 h. Entroido Solidario con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras. Multiusos.
Organiza: Asociación NES (No Estamos Solos).

Domingo, 8 de marzo
17.00 h. Desfile do Entroido de San Xulián.
Organiza: Comparsa Os da Caña.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss