Xeración Contrainfo constata a presenza dos discursos machistas nas aulas galegas

Xeración Contrainfo es un proyecto de Educación para el Cambio Social impulsado por Agareso con la financiación de la Xunta de Galicia, con el objetivo de atajar la raíz del mecanismo que genera los discursos de odio, partiendo de la necesidad de mejorar la alfabetización mediática del alumnado de Secundaria para evitar que cuajen los discursos emitidos por los grupos extremistas en las redes sociales.
30 de septiembre de 2025
2 minutos de lectura
Presentación del nuevo estudio sobre estereotipos en losm institutos gallegos.
De esquerda a dereita, Ana González Liste, Marga Tojo e Sonia Díaz, na sede do Colexio de Xornalistas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia presentou os resultados deste ano do proxecto Xeración Contrainfo, que nesta edición, dentro da súa reflexión sobre como os discursos de odio presentes nas redes e na sociedade afectan ao estudantado, analizou o impacto da misoxinia e o machismo nas aulas galegas.

Sonia Díaz, técnica de proxectos de Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, detallou os resultados do estudo realizado entre 396 estudantes e 199 docentes de centros de ensino de toda Galicia.

Discursos de odio

As respostas de todos eles mostraron que os IES non son espazos libres dos discursos de odio, cun 80% do alumnado LGBTIQ+, un 74% dos alumnos cishetero e un 71% das alumnas cishetero que manifestaron ter sido vítimas dalgún tipo de agresión. Un dato ratificado polo profesorado, que asegura nun 76% dos casos ter presenciado esas agresións e apunta aos alumnos cishetero como principais agresores.

Ademais, os datos demostran que están moi presentes entre a rapazada os estereotipos de xénero, malia a que máis do 75% asegure non ter deixado de facer nada polo seu xénero. Un dato que contrasta coa significativa porcentaxe (12%) de alumnas que asegura non ter confianza para falar en público, fronte unicamente o 2% dos seus compañeiros.

Polarización

Pero se algo constatou a investigación é a polarización que enfronta nesta cuestión os alumnos masculinos cisheteros co alumnado feminino e do colectivo LGBTIQ+, á que xa apuntaban outros informes.

O 62% dos rapaces cishetero manifestaron que a loita pola igualdade é «excesiva» e que actualmente son eles os discriminados, un discurso que tamén se detectou entre as familias e o profesorado. «Esta é a fenda en realidade», afirmou Díaz, que tamén apuntou que preto dun 40% dos rapaces cishetero teñen opinions relacionadas coa extrema dereita.

Por esta razón, e polo pacto entre varóns que se produce nas aulas, desde Agareso recomendan, na liña das últimas investigacións publicadas polo Centro Reina Sofía, a traballar de forma diferenciada a igualdade coas mozas e cos mozos, e atender de forma específica o sentir dos rapaces, un modelo que deu froitos no traballo nos institutos levado a cabo por Agareso.

Unha rapazada fascinante

Como contrapunto positivo, Díaz asegurou que estes datos conviven «cunha rapazada fascinante» e que o que destaca o informe é «a parte máis escura da foto», pero que esta é unha realidade á que responder é «urxente e imprescindíbel» tanto co traballo en mandatos de xénero como no de discursos sociais.

Este estudo encádrase na terceira edición do proxecto Xeración Contrainfo, centrado na presenza de discursos misóxinos e antifeministas nos IES galegos.

Ademais do Colexio de Xornalistas e Xornalistas Galegas, o proxecto contou coa colaboración do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, a Asociación Clavico (Claustro Virtual de Coeducación) e o programa educativo Género Educa; e o financiamento da Xunta de Galicia.

Sara Martinez

Sara Martinez

✍Directora de Opinión y Política en Diario Marín
🎓 Licenciada en CC de la Información en CEU San Pablo Cardenal Herrera
📰 Periodista en Levante-EMV, 📻 Radio Valencia-SER, 🗞 Agencia EFE
📢 Dircom en el Ayuntamiento de Mislata (📍 Valencia)
👩‍🏫 Profesora de Periodismo en la Escuela Superior de Negocios ESNE Valencia
📱Periodista en el Gabinete de Prensa de la Subdelegación de Gobierno de Pontevedra
Colaboradora de opinión en Galicia 24 horas y Mislata News
💻 Comunicación en redes | 📱 Community Manager
🗣 Educomunicadora en el Colexio de Xornalistas de Galicia
🎙 Podcast Desmontando Bulos en Ocionews Radio
✍ Escritora | Autora de La Rima de tus Huellas 🐾

Deja un comentario

Don't Miss