XII Torneo de Seleccións Minibasket

Este sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro, as Preseleccións Autonómicas de categoría Minibasket de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias, tanto masculinas como femininas, serán as protagonistas do XII Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín”.
13 de febrero de 2026
1 minuto lectura

O Concello de Marín e Federación Galega de Baloncesto unen forzas organizativas e paixón polo baloncesto un ano máis. Xuntos organizarán esta fin de semana o XII Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket “Concello de Marín”, cita que xa é referente deportivo na vila e que reúne na mesma o mellor baloncesto dos xogadores e xogadoras máis novos.

14 e 15 de febreiro

Este sábado e domingo, 14 e 15 de febreiro, as Preseleccións Autonómicas de categoría Minibasket de Galicia, Euskadi, Castilla León e Asturias, tanto masculinas como femininas, serán as protagonistas desta cita amigable que hoxe viviu a súa posta de longo da man da alcaldesa de Marín, María Ramallo; o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; e o presidente da Federación Galega
de Baloncesto, Julio Bernárdez.

A alcaldesa de Marín sinalou que “Marín consolídase como sede deportiva de referencia en Galicia. Acoller desde a súa terceira edición de xeito consecutivo este torneo é motivo de orgullo para toda ua vila, e reflexo do noso compromiso o deporte base e coa promoción dos valores que transmite o baloncesto aos máis pequenos”

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss