A exposición PincELAdas pola Ela, aberta no Ateneo ata 27 de outubro

Todo o diñeiro recadado polas vendas das obras será para a asociación benéfica AGAELA. Os artistas doan o 100% integralmente para AGAELA.
19 de octubre de 2026
1 minuto lectura

A mostra PincELAdas pola ELA de AGAELA estará aberta ao público no Ateneo ata o 27 de outubro de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h. Todo o diñeiro recadado polas vendas das obras será para a asociación benéfica AGAELA. Os artistas doan o 100% integralmente para AGAELA.

AGAELA, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, unha entidade sen ánimo de lucro creada en Galicia co obxectivo de apoiar ás persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e ás súas familias desenvolve diferentes actuacións destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas con ELA, ofrecendo apoio social, psicolóxico e terapéutico, así como asesoramento sobre recursos, axudas e produtos de apoio.

AGAELA constituíuse oficialmente o 3 de xuño de 2009 como unha asociación sen ánimo de lucro. Un dos momentos relevantes nesta evolución produciuse en 2017, coa incorporación da primeira terapeuta ocupacional, o que permitiu reforzar a atención especializada e o asesoramento en materia de autonomía, accesibilidade e produtos de apoio. Posteriormente, incorporáronse ao equipo unha traballadora social, unha segunda terapeuta ocupacional, persoal de comunicación e unha coordinadora, ampliando a capacidade de atención e intervención da asociación.

Recentemente, AGAELA continuou reforzando o seu equipo profesional. A existencia de AGAELA está xustificada pola complexidade das necesidades que presentan as persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e as súas familias. A ELA é unha enfermidade neurodexenerativa grave e progresiva que provoca unha perda gradual da capacidade muscular e da autonomía da persoa, xerando importantes necesidades tanto no ámbito físico como no social, psicolóxico e familiar.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja un comentario

Don't Miss