O Goberno local, que está inmerso xa na programación de todo o verán que marcará os próximos meses na vila, que vibrará coas distintas datas sinaladas no calendario festivo local.

Marín Dance Festival a ritmo de “Rayos de sol” e “Micaela” José de Rico e Kike Varela DJ serán os nomes cabeceira do Marín Dance Festival, o festival de música disco e electrónica que acollerá o Parque Eguren o 10 de xullo e que aínda ten máis artistas por confirmar. José de Rico, recoñecido DJ, compositor e productor musical español é unha das figuras clave na escena do electro latino, o mambo e a música urbana en España, con éxitos multiplatinos como “Rayos de sol” e “Noche de estrellas”.
Selo local galego
O selo local galego poráo Kike Varela DJ, que desde a súa versión de “Muiñeira de Chantada” e o seu “Meigallo” non para de colleitar éxitos a nivel internacional . Con “Micaela” conseguiu a 2o posición no Top 100 Virais de Spotify.
As Festas do Carme, das que nas próximas semanas se lanzará o cartel e a programación completa con todas as actividades, estarán amenizadas polas mellores orquestras do momento desde o escenario da Praza de España.
Arizona, o sábado 11 de xullo; Panorama, o domingo 12; Olympus, o luns 13; París de Noia, o martes 14; Marbella, o mércores 15; Player`s, o xoves 16 e Triunfo, o venres 17 nas Festas de Seixo.

De Ninghures e Ortiga
O programa Orballo Cultural chega a Marín para a Festa Corsaria A mellor música en directo de Galicia chegará á programación da Festa Corsaria
a través do programa autonómico Orballo Cultural cun dobre concerto o 14 de agosto de De Ninghures e Ortiga, que quentará os motores para o gran día desta festividade corsaria, que será o 15 e estará chea de mesas, actividades e espectáculos.

Convertida nunha das bandas referentes da escena actual de Galicia, De Ninghures levanta o baile, a emoción e a diversión entre un público entregado ao seu disco “Feira”, dándolle unha volta á tradición marcada polas súas referencias musicais, como Berrogüeto ou Milladoiro, e por toda a cultura dos 90.
Ortiga é o incontestable rei da verbena electrolatina galega, que despois de viaxar por todas as festas habidas e por haber en Galicia, agora faino acompañado dunha banda de luxo e un disco, “Obra social”, cheo de ritmo.
A gran revelación da escena galega estará en Marín: LG1DO.

Nun auténtico fenómeno meteórico, o artista lg1do é aclamado polo público mozo como unha das grandes revolucións da escena actual. Con colaboracións como a que ten co vigués Guzmen ou co músico 9Louro, o santiagués estará en Marín para pechar un verán de infarto. Será o 28 de agosto no marco da celebración do Mambo Festival, do que aínda ai máis artistas por confirmar.
A medida que pasen as semanas, seguirase desgranando o resto da programación cultural e de diversas actividades de cada un dos ciclos que marcan o verán en Marín, así como o cartel do Carme, que de novo estará realizado por un ilustrador galego.