San Xulián celebra a súa gran festa patronal esta fin de semana

O sábado 6 de xaneiro, Día de Reis, empezará a diversión pola mañá co pasarrúas e a sesión vermú a cargo da Charanga Mil9 e ás 13.00 horas, os Reis Magos de Oriente farán a súa chegada ao adro da igrexa con caramelos. Pola tarde, ás 18.00 horas terá lugar o espectáculdo Gran Mago Noel, seguido por unha chocolatada.
3 de enero de 2024
festa patronal san xulián

A época de Nadal en San Xulián ten outra cita importante para a parroquia: as súas festas patronais, que se celebrarán do 6 ao 8 de xaneiro. Onte, membros da comisión de festas presentaron o cartel xunto cos concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín, co obxectivo de anunciar toda a intensa programación
que haberá para estes días.

O sábado 6 de xaneiro, Día de Reis, empezará a diversión pola mañá co pasarrúas e a sesión vermú a cargo da Charanga Mil9 e ás 13.00 horas, os Reis Magos de Oriente farán a súa chegada ao adro da igrexa con caramelos. Pola tarde, ás 18.00 horas terá lugar o espectáculdo Gran Mago Noel, seguido por unha chocolatada.

E ás 21.00 horas, grab verbena a cargo do Trío Rever e da Orquesta Marbella. O domingo, despertarémonos co pasarrúas da Charanga Os Jalácticos e ás 13.00 horas será a misa solemne, con procesión e posterior sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Airiños de San Xulián. A partir das 18.00 horas, teremos xogos populares e ás 20.30 horas dará comezo a gran verbena coa Orquesta Miramar.

Ás 22.30 horas, sorteo presencial e finalmente, ás 23.45 horas, tirada de fogos de lucería e remate da festa. O luns, día 8, haberá unha misa solemne ás 13.00 horas na honra da Virxe dos Remedios. O recinto estará cuberto por unha gran carpa e haberá callos e servizo de bar a prezos populares.

Deja un comentario

Don't Miss