A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Marín, organiza un curso pensado para rachar coa fenda dixital que moitas veces aparta aos nosos maiores da realización de tarefas cotiás nas que antes as novas tecnoloxías non tiñan relevancia e que agora son o método de realización das mesmas.
A formación está destinada a veciños e veciñas de Marín de máis de 65 anos que teñan un nivel de iniciación ao mundo da informática. As clases desenvolveranse na Aula CeMit da Biblioteca Pública Vidal Pazos os venres 9, 16 e 23 de febreiro e o 1 de marzo, en horario de 10.00 a 12.30 horas e non precisan traer ningún tipo de material.
A formación centrarase en saber utilizar as máquinas de quendas de Concellos e dos Centros de Saúde, como operar co caixeiro automático das entidades bancarias, como usar e sacarlle partido ao teléfono móbil e como desenvolverse coa App do Sergas.
As persoas interesadas poderán inscribirse no curso a través do mail alcaldia@concellodemarin.es e haberá un máximo de 15 prazas. O día máximo para inscribirse será o mércores día 7.