Onte, o desfile do entroido Marín 2024 congregou a unha gran cantidade de público, que gozaron dun desfile vistoso e moi alegre. Este ano, o Concello tomou a decisión de incrementar os premios dos desfiles, co obxectivo de seguir apostando por un Entroido cheo de cor, no que os grupos e as comparsas deixen ver todo o seu potencial. Así, no caso do desfile de adultos, engadiuse un premio de 900 euros e incrementáronse o resto en 1.500 euros.
Por outra banda, o Concello tamén incrementou as axudas que se lle dán ás dúas comparsas de Marín pola súa participación durante o propio desfile, e os desfiles de San Xulián e do enterro da Sardiña, alcanzando os 2.000 euros. Ao final o Concello concedeu premios por valor de 11.000 euros.
Os premiados de todas as categorías foron:
INDIVIDUAIS
1º premio (150 €): CEN POR CEN NATURAL
2º premio (100 €): PENÉLOPE Y YO
3º premio (75 €): LA LLORONA
PARELLAS
1º premio (250 €): GALICIA MOLA
2º premio (150 €): DANDO LA LATA
3º premio (125 €): CAMPANADAS NA JALIZA PROFUNDA
GRUPOS
1º premio (900 €): BOTA O MAR FÓRA
2º premio (800 €): LUCES TOMIÑO “FLOR DE LOTO”
3º premio (700 €): COR CAFÉ
4º premio (600 €): MOREIRA A TOPE
5º premio (500 €): GRUPO CARNAVAL SAMIEIRA
6º premio (400 €): A PANDILLA
7º premio (300 €): OS REMOLÓNS
8º premio (200 €): SEMENTE DE SALCEDO
9º premio (150 €): TINTA FEMIA
10º premio (100 €): AUTOS CAMARERO
COMPARSAS
1º premio (1300 €): OS SOLFAMIDAS
2º premio (1000 €): OS 100TOLOS
3º premio (700 €): LAS FLORES DEL CARNAVAL
4º premio (600 €): OS MIÚDOS
5º premio (500 €): OS CANECOS
6º premio (400 €): AS SONECAS
7º premio (300 €): OS RETRINCOS
8º premio (200 €): OS DO PINSEL